Información

O desenvolvemento dun blog persoal é unha forma de creación que involucra a estruturación dos pensamentos de cada un, de maneira que poden ser partillados e dos cales poida incluso ter interacción con persoas diversas.

Obxectivos

A intención de crear un blog ten tres obxectivos fundamentais, que en orde son:

1. Aprender a facer unha páxina web con un CMS
2. Manter un contido sobre temas que me interesen que me obrigue a estruturalo de maneira escrita
3. Difusión das miñas ideas para que interese e promoción persoal

Temáticas

As temáticas serán variadas, tanto coma os temas que me interesan a min. Sendo eu unha persoa un pouco dispersa, sinto a obriga de tratar so aqueles temas que interesan profundamente, pero coa liberdade de incluír a de vez en cando outros aqueles temas que me apeteza. As temáticas serán:

  • Música: este tema pode incluír aspectos como a creación de música electrónica, comentarios ou historias sobre artistas que me gustan, ou algún que outro aspecto de conexión da música con outra das temáticas.
  • Pan: dada a actual faceta de panadeiro, esta vaia. tratar sobre receitas propias, comentarios sobre receitas alleas ou curiosidades sobre a arte de facer o pan. Pode ser incluído algún tema gastronómico relacionado co pan(por exemplo o lévedo noutros alimentos).

    Pan de beterraba
    Pan de beterraba
  • Urbanismo: Este tema é bastante amplo. Sobre todo interésame falar sobre o aspecto social do urbanismo, pero dende logo as entradas relacionadas con este tema van a estar influenciadas moito coas miñas lecturas ou coas vivencias da cidade.
  • Enxeñaría de datos: Non podía faltar a temática que me da de comer. A pesar de que teño un interese por todo tipo de temas relacionados coas ciencias da computación prefiro reducir o eido desta materia e centrarme no que sei máis.

Contidos

Os contidos van a ser escritos en galego principalmente e con unha traducción persoal ao inglés. As razóns son varias. Por un lado o galego é a miña primeira lingua, polo que escribir ideas nesta lingua resulta natural para min. Por outro lado respondendo ao terceiro obxectivo de difusión e posible promoción persoal vexo a necesidad de incluir o inglés. Respecto ao Castelán considero que, sendo o Galego escrito unha lingua que toma a gramática do Castelán, non é necesario unha traducir nada, debido a facilidade da lectura por parte dos que entenden o Castelán escrito.

O formato dos contidos poderá ser de un deste tres tipos:

  • Artigo de investigación: Este tipo de artigos serán os que máis esforzo requiren, xa que van a responder a un traballo previo a escrita deste, no cal se mostrarán os resultados dunha investigación específica para este artigo.
  • Artigo de opinión: Este tipo de artigos responde a necesidade de contar o que opino sobre un tema. Mentalmente responde a necesidade de por por escrito cousas que se me pasan pola cabeza, cando por exemplo estou na ducha ou correndo. Polo xeral non terá por respaldo ningunha investigación pero poderase ligar a algún outro artigo.
  • Artigo de difusión: este tipo de artigos distínguense dos de investigación en que conterán información sobre pesquisas que fixen no pasado e que non tiñan como obxectivo a escrita dun artigo, ou investigacións específicas máis lixeiras que poden facerse nun período de tempo reducido.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio